Premios CreArte

O obxectivo principal dos Premios é fomentar o papel da creatividade como elemento transversal da educación infantil, primaria, especial e secundaria. Recoñecendo, destacando e dando visibilidade a aqueles métodos de ensino, proxectos, traballos ou actividades elaborados polos centros máis innovadores, participativos e que contribúan a:
Promover a actividade creadora dos alumnos en, e a través de, medios expresivos como son a música, a literatura, a fotografía ou calquera outra modalidade das artes plásticas, escénicas ou audiovisuais.
Promover a posta en valor e o estímulo das capacidades creativas e de innovación dos alumnos aplicada ao proceso de aprendizaxe.
Educar no respecto aos dereitos de autor.
Modalidades:
O premio terá catro modalidades:
- Modalidade A: Métodos de ensino, proxectos, traballos ou actividades realizados en centros financiados con fondos públicos de Educación Infantil.
- Modalidade B: Métodos de ensino, proxectos, traballos ou actividades realizadas en centros financiados con fondos públicos de Educación Especial.
- Modalidade C: Métodos de ensino, proxectos, traballos ou actividades realizadas en centros financiados con fondos públicos de Educación Primaria.
- Modalidade D: Métodos de ensino, proxectos, traballos ou actividades realizadas en centros financiados con fondos públicos de Educación Secundaria Obrigatoria e en Institutos de Educación Secundaria, tanto obrigatoria como postobrigatoria (Bacharelato e Formación Profesional).
Prazo:
Prazo para presentar a solicitude ata o 29 de setembro de 2012, acompañada da memoria e do resto da documentación que se solicita.