III Plan Director para a Convivencia e a Mellora da Seguridade Escolar

Charlas informativas/formativas impartidas por expertos das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado sobre diferentes temáticas para favorecer a mellora da convivencia

 

O “III Plan Director para a Convivencia e a Mellora da Seguridade Escolar”, ao igual que en anos anteriores, ofrece aos centros educativos durante o curso 2012-2013 a posibilidade de solicitar charlas informativas/formativas impartidas por expertos das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado sobre diferentes temáticas que favorezan a mellora da convivencia e o achegamento destes profesionais aos cidadáns ao mesmo tempo que facilita actuacións moi en consonancia coa Acción Titorial desenvolvida nos centros.

 

 

Entre estas actuacións podemos destacar:

 

  • Acoso escolar
  • Consumo e tráfico de drogas
  • Actividade de grupos ou bandas violentas de carácter xuvenil
  • Riscos asociados a Internet  e ás novas tecnoloxías
  • Violencia de xénero
  • Prevención de incendios
  • Outros...
  • Xornadas de portas abertas e exhibicións  

 

Estas actuacións poden ir dirixidas aos diferentes membros da comunidade educativa (alumnado, profesorado e familias).

 

Solicitude para a intervención nos centros escolares (en galego)

Instrucións do procedemento para tramitar as solicitudes (ante os tres organismos participantes)

Díptico do III Plan Director para a Convivencia e Mellora da Seguridade Escolar (Curso 2012-2013)

III Plan Director para a Convivencia e a Mellora da Seguridade Escolar