Eurypedia, a enciclopedia europea sobre os sistemas educativos

 

Eurydice oferta un novo recurso en liña, Eurypedia, para axudar a coñecer con maior detalle e profundidade os sistemas educativos europeos e as súas reformas máis recentes.
 
O obxectivo desta nova ferramenta é proporcionar unha visión o máis precisa posible sobre a organización dos sistemas educativos europeos. Eurypedia contén máis de 5.000 artigos sobre 38 sistemas educativos e universitarios dos 33 países que participan no Programa de acción da Unión Europea no ámbito da aprendizaxe permanente.
 
Eurypedia é unha ferramenta wiki cuxos artigos son publicados directamente polas unidades nacionais de Eurydice, en colaboración cos seus respectivos ministerios de educación e/ou expertos nacionais. Os contidos da Eurypedia estarán en permanente actualización.
 
Todos os contidos da Eurypedia poden consultarse en inglés e, de ser o caso, na lingua propia de cadanseu país (como no caso de España). A información que aparece na Eurypedia está convenientemente organizada por tema e por país.
 
Prema aquí para acceder á información contida na Eurypedia:
 
Palabras clave: