Premios "Historia da Cinematografía" e "Alfabetización Audiovisual"
Estes premios están convocados polo Instituto da Cinematografía e das Artes Audiovisuais (ICAA).
O Premio “Historia da Cinematografía” está destinado a promover o estudo e coñecemento da Historia do Cine en España, premiando a elaboración dun traballo que poda versar sobre un tipo de cine, un colectivo, unha etapa artística concreta, unha personaxe, facer visible a contribución das mulleres ao cine e ao audiovisual, ou calquera outro aspecto relacionado coa materia desde o punto de vista histórico, artístico e/ou técnico. Os beneficiarios deste premio serán os estudantes, os docentes que titoricen o traballo e o centro docente respectivo.
O premio “Alfabetización Audiovisual” ten como finalidade galardoar os centros docentes españois que fomenten a alfabetización audiovisual en diversas etapas educativas a través do desenvolvemento de proxectos que se materialicen na implantación de experiencias educativas, actividades complementarias, materiais curriculares e de apoio, así como todos aqueles traballos innovadores que contribúan a acercar a cinematografía e o audiovisual ao alumnado. En particular, valorarase a implementación de plans audiovisuais, nas aulas e nos centros, nos que se considere a dobre perspectiva de recepción de linguaxes audiovisuais e de produción de proxectos audiovisuais en equipo.
O prazo máximo para a presentación das solicitudes remata o 28 de xullo de 2015.