XVII Xornadas de aprendizaxe e ensino das matemáticas
Data:
Desde domingo, 5 de Xullo de 2015 ata mércores, 8 de Xullo de 2015
Lugar:
Cartaxena (Murcia)
A Federación Española de Sociedades de Profesores de Matemáticas (FESPM) organiza, do 5 ao 8 de xullo de 2015 en Cartaxena(Murcia), este evento bianual sobre a didáctica desta materia.
Concíbese como un punto de encontro entre profesionais de todas as etapas para o debate, reflexión e formación no ensino e aprendizaxe das matemáticas, así como un lugar onde encontrarse con profesores e mestres de toda España para intercambiar ideas e experiencias en educación matemática.
Cunha estrutura baseada en conferencias, relatorios, comunicacións e obradoiros prácticos, os núcleos temáticos que se traballarán son os seguintes:
- Infantil e primaria: aí empeza todo
- Didáctica e formación do profesorado
- Modelización e formalización
- Resolución de problemas
- Materiais e recursos na aula de matemáticas
- Conexións e contextos