I Seminario de Aprendizaxe-Servizo no Ensino non Universitario
O valor da experiencia
Data:
Desde mércores, 15 de abril de 2015 ata venres, 17 de abril de 2015
Lugar:
Santiago de Compostela
O grupo de investigación Esculca, da Universidade de Santiago de Compostela, organiza na Facultade de Ciencias da Educación da USC este seminario, co fin de dar a coñecer á comunidade educativa a metodoloxía de aprendizaxe e servizo e para poñer en valor as súas posibilidades nos diferentes ámbitos da educación formal.
Esta actividade formativa é de balde, require a inscrición do profesorado participante e está homologada con 10 horas de formación. A asistencia está limitada a 50 prazas.
Prazo de inscrición: do 2 de marzo ao 1 de abril de 2015