Pan de millo
Título: Pan de millo (libro-disco)
Autores: María Campos e Carlos Yus (Migallas) (textos)
Editorial: Kalandraka
Ano: 2013
Páxinas: 64
Ilustracións: Dani Padrón
Contido:
Pan de millo é un libro-disco dirixido a un público familiar no que Migallas Teatro reúne 14 cancións infantís e versións de temas tradicionais que interpreta de maneira regular nos seus espectáculos e actividades de expresión dramática.
O proceso de elaboración do pan de millo actúa como fío condutor. Este traballo está pensado para seguir practicando o xogo e a diversión, recuperar a memoria dos avós e avoas, e contribuír á transmisión da lingua. No repertorio conviven ritmos autóctonos, muiñeiras, pandeiradas e pasodobres, con melodías de inspiración latinoamericana. Os temas de creación abordan cuestións actuais como a colaboración fronte á competición, a promoción da paz ou o exceso de actividades extraescolares. Tamén inclúe propostas de expresión plástica e dramática.