Xornadas RED-U 2014
Unha reflexión sobre a experiencia universitaria que ofrecen os campus españois
Data:
Desde venres, 7 de novembro de 2014 ata sábado, 8 de novembro de 2014
Lugar:
Zaragoza
A capacidade de impacto que unha universidade ten sobre a aprendizaxe e desenvolvemento dos estudantes depende en boa medida dese conxunto diverso de aspectos que configuran a experiencia do estudante e que algúns autores fan depender dun único factor: o grao de orientación institucional cara aos estudantes.
As Xornadas de RED-U 2014 propóñense o reto de analizar de forma integral as universidades españolas dende o punto de vista de como as viven os estudantes, as súas formas de aprender, a súa participación na comunidade universitaria, o ambiente e condicións de traballo e, en definitiva, do modo en que esta experiencia inflúe nas súas vidas, as súas formas de pensar e o seu desenvolvemento profesional e persoal.
Toda a información AQUÍ