I Premio de Comunicación Científica
GCiencia, web da ciencia en Galicia, e a Obra Social "la Caixa" convocan o I Premio Universitario "la Caixa" de Comunicación Científica, dirixido a estudantes das facultades de Xornalismo e Comunicación para que, a través de reportaxes escritas ou audiovisuais, ou mediante a combinación de ambas as dúas modalidades, investiguen e conten a ciencia que se fai nos seus campus.
O premio conta coa participación das tres universidades galegas -A Coruña, Santiago de Compostela e Vigo- e ten como obxectivos:
- promover o periodismo científico
- animar os estudantes universitarios a coñecer a ciencia nos seus campus
O prazo para presentar as propostas remata o próximo 11 de abril.
Consulta as BASES
Palabras clave: