Prensa-Escuela: curso en rede para profesores
Desenvolvemento de proxectos de Prensa-Escuela mediante un blog en Wordpress é o título do curso que porá en marcha o programa de La Voz de Galicia que desenvolve a Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre coincidindo coa celebración da Semana da Prensa. Trátase da primeira iniciativa de formación que se desenvolverá integramente en rede a través da web do programa, para facilitar a capacitación do profesorado a distancia.
O curso impartirase entre o 12 de marzo e o 9 de abril co obxectivo de que os docentes que o desexen poidan aprender a utilizar a prensa e os blogs como novos recursos didácticos.
Totalmente gratuíto e homologable pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, ofrecerá aos profesores as ferramentas básicas para crear un proxecto cooperativo que integre a información xornalística e o uso das novas tecnoloxías na aula. Esta actividade, de vinte horas de duración, contará ademais co asesoramento dun titor especializado que será o encargado de facilitar aos participantes a orientación e os recursos necesarios para que poidan desenvolver o seu proxecto dixital.
Os interesados en participar neste curso, que deberán ter coñecementos medios de manexo de internet, poden inscribirse enviando un correo a prensa-escuela@lavoz.es, indicando nome, centro ao que pertencen, e-mail, teléfono de contacto e DNI.
Máis información AQUÍ