III Xornadas de Innovación Educativa

Data: 
Desde venres, 22 de novembro de 2013 ata sábado, 23 de novembro de 2013
Lugar: 
Santiago de Compostela

A III edición das Xornadas de Innovación Educativa celebraranse na EGAP (Escola Galega de Administración Pública) de Santiago de Compostela o venres 22 de novembro pola tarde e o sábado 23 de novembro durante todo o día.
Os obxectivos desta actividade serán:

- Coñecer os modelos de innovación predominantes nos sistemas educativos actuais.
- Analizar o estado actual da innovación educativa no sistema educativo galego.
- Coñecer e difundir experiencias innovadoras que estean a desenvolverse no sistema educativo galego.
 

O prazo de inscrición remata o 24 de outubro de 2013.

A inscrición realízase accedendo a FPROFE co usuario do correo EDU.