Programa ConCiencia

Data: 
martes, 17 de setembro de 2013
Lugar: 
Santiago de Compostela

O programa ConCiencia, da USC e o Consorcio de Santiago, co financiamento da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía - Ministerio de Economía e Competitividade, recibe a Eric Allin Cornell, galardoado co Premio Nobel de Física 2001 por “acadar condensación de Bose-Einstein en gases diluídos de átomos alcalinos, e polos primeiros estudos fundamentais das propiedades de ditos condensados".     

O achado non só pechou unha busca de 70 anos no eido da física, senón que marcou un antes e un despois na disciplina, dando nacemento a unha liña de traballo que día a día sorprende con novos fitos, non só a nivel das bases da propia física, senón que tamén no eido tecnolóxico, en telecomunicación, tratamento de materiais, desenvolvemento de reloxos atómicos do tamaño dun chip ou computación.

O título da conferencia é "Folgazán vs. descoidado: a historia épica da enerxía, entropía, temperatura, o último destino do universo e o rol do  supernatural" e terá lugar no Auditorio de Novagalicia Banco (Rúa Preguntoiro, 23) o martes 17 de setembro ás 20:00 h. A entrada será libre ata completar aforo, con tradución simultánea.

Máis información AQUÍ