Recursos y estrategias para estudiar ciencias sociales

Título: Recursos y estrategias para estudiar ciencias sociales

Autores: Anselma Alcaide, Juana Anadón, Marisol Anguita, Carme Barba, Susana Boldú, Manuel Carroza, Núria Castellano, Dolors Feixes, M.ª Francisca Heredia, M.ª Antonia Humanes, Artur Parcerisa, Eva M. Poblador, Dolors Quinquer, Joan Santacana, (Seminario de Didáctica de Historia del Instituto Gerónimo de Uztariz, Francisco Velasco)

Editorial: Graó

Ano de edición: 2012

Páxinas: 112

Contido:

Este libro destaca unha serie de estratexias e recursos didácticos que facilitan a aprendizaxe das ciencias sociais. Establecer hipóteses, consultar diversas fontes directas e indirectas, contrastar a información, validala ou desbotala, chegar a conclusións e mostralas ou difundilas son algunhas das etapas do método científico aplicable aquí. As estratexias didácticas que facilitan o traballo en cada un destes pasos conforman os procedementos clásicos das ciencias sociais.

Facilítanse, así mesmo, boas prácticas doutros profesionais, a reflexión sobre as estratexias e os seus fundamentos teóricos, procurando que lles sexan de proveito tanto aos mestres e ás mestras de infantil e primaria como ao profesorado de secundaria.

Sección: