A investigación en didáctica das ciencias
Un compromiso coa sociedade do coñecemento
Data:
Desde luns, 9 de setembro de 2013 ata xoves, 12 de setembro de 2013
Lugar:
Girona (España)
Organizado pola revista Enseñanza de las Ciencias, este IX Congreso Internacional pretende reforzar a vontade da didáctica das ciencias de ter unha forte implicación no mundo no que vivimos. Iso comporta facer unha análise profunda e rigorosa das claves que explican a sociedade do coñecemento para reforzar o espazo da didáctica das ciencias como un axente de cambio.
Por ese motivo, as achegas científicas do congreso toman como foco as investigacións en relación cos retos que presenta a sociedade do coñecemento para a educación científica, o perfil competencial do profesorado de ciencias e as competencias que orientan os procesos de ensinanza e aprendizaxe das ciencias.
Toda a información na web do CONGRESO