Investigación e innovación educativa ao servizo de institucións e comunidades globais, plurais e diversas
Mediante a organización do XVI Congreso Nacional e II Internacional "Investigación e Innovación Educativa ao servizo de Institucións e Comunidades Globais, Plurais e Diversas" que se celebrará en Alacante entre os días 4 e 6 de setembro de 2013, AIDIPE (Asociación Interuniversitaria de Investigación Pedagóxica) pretende crear espazos para o intercambio e a discusión de novas ideas, modos e estratexias de actuación para afrontar con éxito a complexidade dos problemas que hoxe ten formulados a educación.
Liñas temáticas
- Identidade, diversidade, equidade e globalidade en educación.
- Diagnóstico, orientación e atención á diversidade.
- Avaliación e innovación en institucións e comunidades plurais e inclusivas.
- Formación do profesorado e desenvolvemento profesional para unha educación global.
- Investigación educativa en comunidades e institucións diversas e plurais.
Toda a información na WEB