Bandada

Título: Bandada
Autores: David Álvarez Hernández e Julia Díaz Garrido
Editorial: Kalandraka
Ano: 2012
Páxinas: 32

Contido:

Bandada é un relato conformado por frases breves que propón unha reflexión sobre a historia da humanidade, o desenvolvemento dunha sociedade que inicialmente busca coñecemento e progreso, pero que neste camiño perverte os seus principios.
O libro mereceu o V Premio Internacional Compostela de Álbums Ilustrados. O xurado do premio destacou o "virtuosismo" da técnica artística para conseguir imaxes de "extraordinaria calidade e forza expresiva". Desde o punto de vista estético, o álbum destaca polo simbolismo das súas ilustracións, protagonizadas por paxaros humanizados e cargados de detalles en branco e negro.
Un lirismo poético, un xogo contraditorio e unha mensaxe de esperanza que se leva ao extremo dunha maneira moi hábil, asociando as aves desta historia coa incapacidade natural das persoas para voar.

 

Sección: