I Congreso Internacional de Investigación e Innovación en Educación Infantil e Educación Primaria
![](http://www.edu.xunta.gal/eduga/sites/site.eduga/files/styles/node_axenda/public/innovacion_en_ei_e_ep.png?itok=qk8aKmVA)
Baixo a dirección e coordinación da Universidade de Murcia, celebrarase do 23 ao 25 de maio de 2013 no campus El Espinardo desta cidade o I Congreso Internacional e II Nacional de Investigación e Innovación en Educación Infantil e Educación Primaria. Dirixido a docentes e investigadores universitarios, mestres/as de educación infantil e de educación primaria e estudantes relacionados co ámbito educativo, pretende acadar os seguintes obxectivos:
Difundir as innovacións e investigacións relacionadas coa educación infantil e primaria no ámbito nacional e internacional.
Analizar e realizar propostas sobre as temáticas máis relevantes para o profesorado e o alumnado de EI e EP.
Ofrecer propostas innovadoras sobre métodos psicopedagóxicos e didácticos para o profesorado de EI e EP.
Valorar as implicacións educativas e de investigación nos niveis de EI e EP.
A información completa pódese consultar na WEB