IGACIENCIA

I Rally Galego sen Fronteiras de Ciencias 2013

IGACIENCIA convoca o I Rally Galego sen Fronteiras de Ciencias destinado a alumnado de 1º da ESO (matemáticas), 2º da ESO (Matemáticas e Ciencias da Natureza), 3º da ESO (Matemáticas) e 4º da ESO (Física e Química e Bioloxía e Xeoloxía).

 

Os obxectivos deste rally son:

 

  • Promover a ciencia e as matemáticas entre os estudantes
  • Demostrar que os temas de ciencias e matemáticas son atractivos e accesibles para todos
  • Favorecer o traballo colaborativo
  • Vivir as ciencias valorando a imaxinación, o dinamismo e a creatividade
  • Abrir as fronteiras e participar xunto co alumnado doutros países

Procedemento para participar:

  • Elixir na aula grupos dun máximo de 8 alumnos e alumnas interesados en participar
  • Inscribirse na web
  • Ter preparada unha aula cun ordenador con conexión a internet  o día da proba, 18 de marzo de 2013 ás 16:00 horas
  • Un profesor pode estar con varios grupos de calquera materia (cada un deles con acceso a un portátil con Internet). Non se ten que desprazar a ningún outro centro.
  • Recibida a proba, os alumnos deberán poñer as solucións nunha páxina web de Igaciencia, con algunhas explicacións dos pasos que seguiron. De ter problemas con Internet deberán envialo por email en formato odt ou word.
  • Corrixidas as probas, os tres primeiros grupos de cada concurso serán convocados a Santiago, realizadas as probas e corrixidas pola organización e o profesorado participante, se declararán os gañadores. Ese mesmo día farase a entrega de premios.
  • No mes de maio , os 40 alumnos dos 5 grupos gañadores, participarán na superfinal de Toulouse  os días 16 (ciencias ) e 17 (matemáticas). Cada grupo deberá ir acompañado dun profesor. Ademais poderán coñecer as principais atraccións da cidade (Air Bus, Cité des sciences, Carcasonne,..) .

 

Acceso á web do concurso e á inscrición

 

Palabras clave: