Mocidade ao mando: explorando a economía e a empresa
Concurso audiovisual
A Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC, co apoio do Servizo de Normalización Lingüística, organizan o concurso “Mocidade ao mando: explorando a economía e a empresa”, que ten como principal obxectivo fomentar a creación de contidos audiovisuais en galego, de carácter divulgativo, sobre economía ou empresa.
Poderá participar no certame o alumnado da ESO, de formación profesional e de bacharelato dos centros de Galicia. A duración dos vídeos, que deben ser inéditos e orixinais, non será en ningún caso inferior a 30 segundos nin superior a 90.
O prazo para a presentación dos traballos remata o 31 de outubro de 2024.