Escola Mediada

Programa de Formación do Profesorado
Data: 
luns, 23 de setembro de 2024
Lugar: 
A Coruña

"Escola Mediada" é un programa de formación dirixido a docentes que ten como obxectivo xerar unha comunidade de aprendizaxe para promover e introducir a arte como eixo transversal na escola.

Trátase dunha proposta de longa duración que comeza no curso 2024/25 un día ao mes, con propósito de permanencia e sumando en cada edición a novos axentes e accións que a enriquezan.

Dirixida a profesorado de segundo ciclo de educación infantil e primaria, «Escola Mediada»  conformará unha comunidade de docentes, que serán acompañados por unha serie de artistas, mediadoras e colectivos, poñendo en relación a práctica artística contemporánea cos procesos de aprendizaxe e considerando ao docente creador e investigador.

Inscricións ata o 20 de outubro de 2024

Pazas limitadas previa inscrición, entre os días 23 de setembro e 20 de outubro de 2024.

 

Máis información