Tecnoloxía con sentidiño

Ciclo de Cultura Científica 2ª edición
Data: 
Desde xoves, 4 de abril de 2024 ata martes, 18 de xuño de 2024
Lugar: 
Santiago de Compostela

A Xunta de Galicia lanza a segunda edición do Ciclo de Cultura Científica dirixida a público en xeral, comunidade educativa e aos docentes. Baixo o título Tecnoloxía con sentidiño, a partir do 4 de abril abordaranse varias temáticas en torno ao eixo común da tecnoloxía, como o uso desta nas aulas, a súa relación coa saúde infanto-xuvenil e a psicoloxía ou a Intelixencia Artificial, entre outras.

Poderán seguirse de forma presencial no auditorio Neira Vilas da Biblioteca de Galicia, de 18:00 a 19:30h., e tamén serán retransmitidas en streaming na canle de YouTube da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

Os docentes asistentes ao ciclo completo recibirán un certificado de 12 horas de formación do profesorado

 

Máis información