Pon o teu diñeiro a salvo
ABANCA e a súa Obra Social Afundación, promoven conxuntamente o proxecto educativo "Pon o teu diñeiro a salvo" para o alumnado de 2º ciclo de ESO e FP Básica e Media.
Os docentes de ESO ou FP poden participar coas aulas que queiran nunha completa situación de aprendizaxe gamificada, analizando contornas financeiras dixitais e detectando ameazas e posibles estafas. Ademais, como novidade esta edición, todos os docentes terán dispoñibles unha serie de titorías en liña co equipo de asesoría pedagóxica do programa ás que poderán apuntarse na sección da web sesións en liña.
"Pon o teu diñeiro a salvo” ofrece seis situacións de aprendizaxe para traballar de forma competencial, nas áreas de Tecnoloxía e Dixitalización, Matemáticas, Economía e Emprendemento, ou de forma interdisciplinar en Educación en Valores Cívicos e Éticos, Lingua e Xeografía e Historia.
Toda a información nesta ligazón