RedeSTEAM
Concurso de proxectos tecnolóxicos e científicos sustentables
![](http://www.edu.xunta.gal/eduga/sites/site.eduga/files/styles/node_nova/public/portada/actualidad/redesteam_0.jpg?itok=zCIP2HM8)
RedeSTEAM é un concurso que desafía a alumnas de 3º e 4º de ESO ou cursos de FP equivalente a crear proxectos tecnolóxicos e científicos que contribúan a un mundo máis sustentable social e ambientalmente. O obxectivo do certame é fomentar entre as mozas de 14 e 16 anos o estudo das disciplinas STEAM, isto é, da Ciencia, a Tecnoloxía, a Enxeñería e as Matemáticas en conexión coas Artes e Humanidades.
RedeSTEAM é unha iniciativa promovida por Redeia, no marco da ‘Alianza STEAM polo talento feminino. Nenas en pé de ciencia’, do Ministerio de Educación e Formación Profesional.
- Inscrición de centros: a partir do 1 de marzo.
- Inscrición de equipos: do 13 de marzo ao 30 de abril.
- Entrega de proxectos: ata o 30 de abril ás 23:59 h.
Palabras clave: