Premios Literarios Minerva

51.ª edición

O colexio M. Peleteiro convoca a 51.ª edición dos Premios Literarios Minerva, un certame escolar que pretende contribuír ao fomento do uso do galego no ámbito educativo e a impulsar a literatura na lingua propia entre a mocidade.

No concurso poderá participar alumnado de 3º e 4º de ESO, Bacharelato ou FP que curse os seus estudos en Galicia e non teña cumpridos os 20 anos o 31 de decembro de 2023. O estudantado interesado en participar terá ata o 24 de xaneiro de 2023 para presentar os traballos, que poden ser tanto na modalidade de poesía como de narración. Deben ser orixinais, inéditos e en galego.

Hai tres premios en metálico en cada categoría. Ademais, as obras galardoadas serán publicadas nun libro editado polo propio colexio. O fallo do galardón darase a coñecer o día 11 de marzo e a entrega de premios será o 12 de abril.

 

Máis información

Palabras clave: