Pedagoxía hospitalaria

Atención educativa na contorna pediátrica

TítuloPedagoxía hospitalaria

Subtítulo: Atención educativa na contorna pediátrica

Autor/a: Mª Elena Sobrino Fernández

Editorial: Xunta de Galicia

Ano: 2021

Páxinas: 95

Contido:

Esta obra está destinada en especial ao profesorado das aulas hospitalarias e, en xeral, a todos os docentes que teñan nalgún momento alumnado hospitalizado.

A pedagoxía hospitalaria diríxese a un alumnado que acode a un centro sanitario por padecer unha doenza grave que afecta á súa vida cotiá, á súa contorna habitual e á súa formación académica. No labor pedagóxico é necesario atender unha gran variedade de aspectos co obxectivo de tomar conciencia da contorna sanitaria na que se desenvolve a Aula Hospitalaria, cunhas características particulares que a fan diferente con respecto a outros ámbitos educativos.

As actividades que se ofrecen desde a Aula Hospitalaria promoven en especial o desenvolvemento da linguaxe e a libre expresión, tanto por motivos formativos como terapéuticos, e coidan a comunicación fluída na lingua galega.

 

 

 

Sección: