II Xornadas sobre recursos educativos para traballarmos en galego
Data:
Desde xoves, 10 de febreiro de 2022 ata xoves, 24 de febreiro de 2022
Lugar:
Vigo (Pontevedra)
O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo organiza as II Xornadas sobre recursos educativos para traballarmos en galego, dirixidas principalmente ao profesorado de todas as etapas educativas e aos membros dos equipos de dinamización da lingua galega dos centros de ensino de Vigo.
O obxectivo é dar a coñecer proxectos ou recursos didácticos que poidan contribuír a normalizar o uso da lingua galega dentro e fóra das aulas.
As sesións terán lugar os días 10, 17 e 24 de febreiro de 2022 no Verbum (Vigo).
O prazo de inscrición remata o 8 de febreiro.