Coñece as túas institucións
Convenio de colaboración asinado entre o Parlamento de Galicia e a Consellería de Cultura, Educación e Universidade que permitirá organizar visitas guiadas conxuntas ás sedes do poder lexislativo e do poder executivo galegos para o alumnado de 5º e 6º de educación primaria e alumnado de educación secundaria obrigatoria de centros educativos de titularidade pública da Comunidade Autónoma.
O obxectivo deste programa é que o alumnado poida coñecer de primeira man o funcionamento do Parlamento e da Xunta e comprenda a separación de poderes propia das democracias.
Xunta e Parlamento asumirán o custo dos desprazamentos que, nunha mesma xornada, permitirán que cada grupo poida visitar as dependencias do lexislativo e mais do executivo e recibir cumpridas explicacións sobre o funcionamento e competencias das institucións.