XXVIII Premios de Publicidade en Galego

2021

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, convoca a 28ª edición dos Premios de Publicidade en Galego, co obxectivo de promover o uso da lingua galega no ámbito publicitario.que se rexerá  polas seguintes bases:

- Establécense cinco premios, un por cada unha das seguintes categorías, segundo o medio de difusión: radio, televisión, Internet, prensa escrita e un extraordinario para proxectos elaborados polo alumnado de centros educativos. 

- Para cada categoría, (agás para a especialidade educativa), configúranse dúas modalidades de premio, de xeito que, polos traballos que resulten galardoados, recibirán cadanseu premio tanto a empresa anunciante como a axencia de publicidade.

- Os premios consistirán na entrega dunha certificación e mais dunha obra artística. 

O prazo de inscrición e a presentación dos traballos que concorren aos premios remata o 30 de decembro.

BASES

Folla de inscrición
 

Palabras clave: