eduEmprende Actúa
O obxectivo deste programa é achegar a realidade emprendedora ao alumnado dos centros educativos coa presenza activa de persoal técnico do IGAPE e dunha persoa emprendedora que dea a coñecer ao alumnado a súa experiencia persoal, como ferramenta que lle permita afianzar o espírito emprendedor e a iniciativa empresarial a partir de aptitudes como a creatividade, a iniciativa, o traballo en equipo, a confianza nun mesmo e o sentido crítico.
Esta convocatoria vai dirixida a alumnado de centros sostidos con fondos públicos de Galicia, dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, de segundo curso de ciclos formativos de grao medio e superior das ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño e alumnos de bacharelato que estean a cursar a materia de Economía.
O prazo de presentación de solicitudes será vai do 11 ata o 25 de novembro de 2021.