Premio Encarnación Pose

Un mundo para todos/as

A 1ª edición do Premio "Encarnación Pose, un mundo para todos/as", está dirixida a promover os valores de tolerancia, convivencia e interculturalidade na poboación escolar galega entre os 3 e os 12 anos de idade.

O premio establece 3 categorías según a idade dos escolares, e premiará os centros escolares que presenten os mellores soportes audiovisuais (cun máximo de 10 minutos de duración) promovendo os referidos valores, e que contribúan a loitar contra o racismo e a xenofobia que cada vez parecen implantarse máis na nosa sociedade.

O concurso terá como tema "A convivencia Intercultural", e levarase a cabo dende o día 8 de setembro do 2021 ata o día 5 de outubro de 2021, que será a data de remate para a presentación dos traballos realizados. O fallo farase público o día 15 de outubro mediante a publicación dos colexios gañadores na páxina web da organización AMIGA (Asociación de Migrantes de Galicia).

 

Bases

Palabras clave: