Digicraft en tu Cole

Coa finalidade de implementar nos cursos 2020/21 e 2021/22 nos centros escolares galegos sostidos con fondos públicos que impartan educación primaria o proxecto Digicraft en tu Cole no marco do Plan Digitalent, a Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) convocan o proceso de selección dos centros.

As solicitudes deberán presentarse na Sede Electrónica da Xunta de Galicia mediante o procedemento xenérico PR004A, dirixindo a solicitude a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) de Presidencia.

Ademais, remitirase copia da solicitude e da documentación ao correo electrónico digicraft@edu.xunta.es segundo os prazos establecidos.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 26 de xaneiro de 2021.

Máis información

Palabras clave: