Programa EduHabilidades

O servizo de formación do profesorado está a desenvolver o programa EduHabilidades, co que pretende  achegar as habilidades sociais, directivas e emocionais á comunidade educativa.

Os recursos utilizados son unha combinación de videotitoriais de 10 minutos e  a presentación de dinámicas interactivas en relación a 15 competencias persoais e profesionais: motivación, creatividade, negociación, persuasión, comunicación, análise, estratexia, xestión do tempo, marca, atención plena, traballo en equipo, dirección, exposición, responsabilidade social e atención.

Os contidos habilitaranse diariamente do 11 de maio ao 10 de xullo,  abrindo un recurso diario que estarán a disposición do profesorado dentro da sección aberta en Platega, nesta ligazón.

Para acceder a ditos contidos abondará con introducir o usuario e contrasinal da súa conta corporativa edu.xunta.gal.
 

Palabras clave: