Portavoz

Concurso de fotografía

Dar a palabra aos mozos e mozas, facilitar a expresión da súa sensibilidade e reflexionar sobre a diversidade é o que propón o Institut Français de España ao alumnado de francés dos institutos españois co concurso de fotografía PORTAVOZ, apadriñado por Pierre Gonnord e Rafael Doctor.
Poderá participar o alumnado de francés de 4º de ESO, 1º e 2º de Bacharelato e formación profesional de grao medio, tendo en conta que o concurso premiará de forma especial a mellor expresión artística celebrando o lema: “Unidos na diversidade”.
Os/as participantes no concurso presentarán unha única fotografía, realizada cun teléfono móvil e que non sexa un selfie. Outorgaranse 50 premios ás producións máis orixinais.

BASES DO CONCURSO

Toda a información nesta ligazón