Premios Aprendizaxe-Servizo
![](http://www.edu.xunta.gal/eduga/sites/site.eduga/files/styles/node_nova/public/portada/actualidad/premio_aprendizaje_servicio.jpg?itok=CnULavgy)
A Rede Española de Aprendizaxe-Servizo, Fundación Educo e a Editorial Edebé convocamos o Premio Aprendizaxe-Servizo, proposta educativa que combina procesos de aprendizaxe e de servizo á comunidade nun só proxecto ben articulado onde os participantes aprenden ao traballar en necesidades reais da contorna coa finalidade de melloralo.
Obxectivos:
- Recoñecer o labor dos centros educativos e entidades sociais que integran a aprendizaxe das e os estudantes con accións solidarias destinadas a mellorar a calidade de vida da comunidade.
- Recoñecer as prácticas de aprendizaxe-servizo como ferramenta de éxito educativo e compromiso social.
- Fortalecer e difundir unha cultura participativa, solidaria e de compromiso cívico, estimulando a divulgación e a implementación do aprendizaxe-servizo.
A convocatoria vai dirixida a centros de educación Infantil, primaria, secundaria, bacharelato e formación profesional, así como a entidades sociais que estean a desenvolver prácticas de aprendizaxe-servizo.
O prazo de presentación dos proxectos remata o 15 de setembro de 2019.