Premios Isabel Zendal

I edición

A Unidade de Divulgación Científica e Cultural e o Campus Innova da  Universidade da Coruña, en colaboración con Círculo Escéptico, convocan a primeira edición dos Premios Isabel Zendal ao fomento do escepticismo na educación secundaria.
O concurso ten como obxectivo promover o pensamento crítico e racional como ferramenta para a comprensión do mundo e a toma de decisións na vida cotiá.

Dirixido a estudantes que estean a cursar desde primeiro curso de ESO ata segundo de Bacharelato, os participantes no certame deberán presentar unha peza escrita, en forma de artigo xornalístico, exposición divulgativa dun experimento desenvolvido polo alumnado, conto ou relato curto.

Os traballos deberán integrar os valores do escepticismo e a cultura científica, a difusión do coñecemento, a ciencia e os seus métodos, e a refutación das  pseudociencias, así como a loita contra a difusión do engano e as noticias falsas.

Establécense dúas categorías: unha para alumnado de 1º a 3º de ESO e FP básica, e outra para os estudantes de 4º de ESO, bacharelato e ciclos formativos de grao medio.

O prazo remata o 10 de maio e a presentación é electrónica.

BASES

Palabras clave: