WRO Galicia
A World Robot Olympiad ( WRO) é unha divertida e desafiante olimpíada de robótica na que os participantes poderán vivir unha experiencia educativa internacional no ámbito da tecnoloxía na que, a través dos seus retos, abordaranse aspectos relacionados co medio ambiente, a reciclaxe ou as cidades do futuro.
A WRO Galicia 2019, organizada pola Amtega e a empresa Arkitas Robótica S. L., constitúe a fase local desta competición na que equipos de 2 a 3 integrantes participarán nas seguintes categorías:
- Categoría WeDo: de 6 a 10 anos
- Categoría Regular Elementary: de 7 a 12 anos
- Categoría Regular Junior High: de 13 a 15 anos
- Categoría Reto XENE II Football: de 10 a 19 anos
Os participantes mellor clasificados poderán acceder á final nacional e/ou internacional.
O obxectivo é ofrecer ao alumnado unha oportunidade de achegarse dunha forma lúdica e divertida á tecnoloxía e á enxeñería.
O evento celebrarase o sábado 15 de xuño de 2019 na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela.