Concurso O ollo de vidro
O proxecto, impulsado polo festival de Cans, e organizado pola Biblioteca Neira Vilas de Vigo, a Biblioteca do Porriño, a Escola Oficial de Idiomas e o IES Castelao de Vigo e o IES Pino Manso do Porriño, supón unha iniciativa coa que se premiarán os traballos audiovisuais máis valorados de entre os participantes. Os obxectivos que se perseguen son fomentar entre a cidadanía hábitos lectores, utilizando a lectura como fonte de información, aprendizaxe e enriquecemento persoal, ao mesmo tempo que se promove o uso do galego como vehículo de comunicación nas redes sociais.
O certame organízase arredor da canle de Youtube Recomendocheunlibro, un espazo onde o público xeral, así como entidades ou colectivos, divulgan vídeos recomendando lecturas ou outros traballos audiovisuais arredor da animación á lectura (booktrailers, críticas, lecturas en voz alta, etc.).
Poden participar neste concurso todos aqueles proxectos presentados na convocatoria de 2019 que cumpran os requisitos esixidos.
O prazo de envío de orixinais péchase o 23 de abril de 2019.