Premios Mil Primaveras

1ª edición

A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL), coa colaboración económica da Deputación Provincial de Pontevedra, crean os Premios Mil Primaveras coa finalidade de valorar, recoñecer e difundir accións, campañas, programas e proxectos que teñen como obxectivo principal a posta en valor e o fomento da lingua e a procura do incremento do seu uso e/ou prestixio. Con estes premios preténdese recoñecer e proxectar o traballo ben feito no ámbito da normalización lingüística, dar visibilidade a proxectos positivos e seleccionar boas prácticas que poidan servir como modelos.

Para abranguer propostas diversas e diferentes colectivos e ámbitos sociais, establécense seis categorías. O premio non terá dotación económica; consistirá no recoñecemento e na ampla difusión das accións, programas ou proxectos escollidos polo xurado.

Todas as candidaturas deberán ser de programas, proxectos ou accións xa desenvolvidas e con vixencia total ou parcial en 2017, 2018 ou 2019; non se valorarán propostas de accións pendentes de levar a cabo.

A inscrición faise a través dun formulario dispoñible no sitio web específico do premio, www.milprimaveras.gal.

O prazo de inscrición vai do 2 de abril ao 17 de maio de 2019.

BASES
 

Palabras clave: