VI Xornadas de Inclusión educativa
Con todos como todos
Data:
sábado, 10 de novembro de 2018
Lugar:
Vigo
A Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de Alumnos de Vigo e Comarca (FOANPAS) organiza as VI Xornadas de Inclusión educativa, que se celebrarán o día 10 de novembro nas instalacións de APAMP (Asociación de familias de persoas con parálise cerebral). O evento contará con conferencias pola mañá e obradoiros pola tarde.
Os destinatrios son todas as persoas vencelladas ao eido da educación pública e a inclusión. O prazo de inscrición remata o 8 de novembro.
Toda a información no documento adxunto.
Arquivos adxuntos: