Premio Acción Magistral 2019

O Premio Acción Magistral é unha iniciativa da FAD (Fundación de Axuda contra a Drogadicción), a Comisión Nacional Española de Cooperación coa UNESCO e BBVA que ten o obxectivo de galardoar e dar a coñecer iniciativas creativas, innovadoras e con impacto social de centros educativos de infantil, primaria e secundaria de toda España.

Nesta convocatoria preséntanse varias modalidades:

- proxecto de centro

- ideas de docentes maxistrais

- ideas do alumnado

- AMPA

As iniciativas que se presenten a calquera das catro modalidades existentes teñen que estar baseadas en metodoloxías activas, claramente diferenciadas das tradicionais, e cun importante grao de transformación e impacto na comunidade, tanto educativa como social.

O prazo de presentación de candidaturas remata o 15 de maio de 2019.

Bases da convocatoria

 

 

Palabras clave: