Arrugas

 

Título: Arrugas

Ano: 2012

Nacionalidade:España

Xénero: Animación de adultos. Comedia dramática

Duración: 89 minutos

Título orixinal: Arrugas

Dirección: Ignacio Ferreras

Guión: Ángel de la Cruz, Paco Roca, Ignacio Ferreras, Rosanna Cecchini

Música: Nani García

Sinopse:

Arrugas é unha longametraxe de animación 2D para un público adulto, con base no afamado cómic do mesmo título de Paco Roca (Premio Nacional do Cómic, 2008). Arrugas narra a amizade entre Emilio e Miguel, dous anciáns recluídos nun xeriátrico. Emilio, que chega á residencia nun estado inicial de Alzheimer recibe a axuda de Miguel e doutros compañeiros para non rematar no andar superior da residencia, o temido piso dos asistidos que é como lle chaman alí aos desafiuzados. O seu aloucado plan tingue de comedia e tenrura o tedioso día a día da residencia porque, aínda que para moitos as súas vidas acabasen, para eles comeza unha nova.

 

Sección: