Desafíos STEM: programación, robótica e impresión 3D

Premio de innovación educativa para centros públicos

A Dirección xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación educativa convoca este concurso dirixido aos centros docentes públicos de ensino non universitario que impartan ensinanzas de educación secundaria obrigatoria ou bacharelato. Cada equipo presentará un proxecto STEM elaborado enteiramente polo alumnado coa dotación que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria realizou aos centros públicos de ensino non universitario nos cursos  2016/17 e 2017/18.

Establécense dúas categorías de participación:

- Categoría STEM iniciación, para proxectos sinxelos realizados por alumnado de iniciación. Poderán participar nesta categoría o alumnado de 1º, 2º e 3º da ESO, FP Básica ou PMAR.

- Categoría STEM afondamento, para proxectos máis complexos. Poderán participar nesta categoría o alumnado de 4º ESO, 1º ou 2º de bacharelato.

Ademais, en cada categoría, cada proxecto poderá presentarse a varios “Desafíos”.

O prazo para presentar proxectos remata o 10 de xullo de 2018.

Toda a información

 

Palabras clave: