Poemar o mar

Título: Poemar o mar
Autor/a: Antonio García Teijeiro
Editorial: Ed. Xerais
Ano: 2016    
Páxinas:
72

Contido:
Poemar o mar é un libro de poemas que forma parte da triloxía que se completa con En la cuna del mar e Palabras do mar. Nestas tres obras o mar é o gran protagonista, un mar que ronca, que molla con poemas, que ten trenzas, que anda murcho, que chora por dentro e cala por fóra. Mares con ondas amarelas, con illas coma estrelas, mares de plumas que son de auga e mel, mares de tinta verde con barquiños de papel.
Ilustrado por Xan López Domínguez, con este libro Antonio García Teijeiro foi galardoado co Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2017

Sección: