XIV Premio Luísa Villalta a iniciativas normalizadoras

A Secretaría Xeral de Política Lingüística colabora coas tres universidades galegas na convocatoria dunha nova edición do Premio Luísa Villalta a iniciativas normalizadoras, na que poderán participar todos os membros da comunidade universitaria galega, tanto de xeito individual como en grupos, nas seguintes modalidades:

  • a) Deseño dunha campaña normalizadora que desenvolva unha iniciativa orixinal que teña como obxectivo fomentar o uso do galego no ámbito universitario.
  • b) Unha idea para a promoción do galego.

As solicitudes presentaranse en calquera dos rexistros das tres universidades galegas e dirixiranse aos respectivos Servizos de Normalización Lingüística. O prazo de presentación de proxectos remata ás 14.00h do día 27 de outubro de 2017.
 

Máis información