III Foro de Educación emocional e social

Data: 
sábado, 12 de novembro de 2016
Lugar: 
Santiago de Compostela

O vindeiro sábado 12 de novembro de 2016 celebrarase, no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia en Santiago de Compostela, este III Foro de Educación emocional e social co fin de aprender a desenvolver as competencias emocionais e sociais propias e as dos demais.

Dirixido a docentes, pedagogos, orientadores e educadores sociais pretende acadar os seguintes obxectivos:

  • Introducir coñecementos básicos de disciplinas afíns ás neurociencias na aplicación da intelixencia emocional e social.
  • Dotar de ferramentas ás persoas responsables da educación de menores para desenvolver as competencias emocionais e sociais.
  • Dotar de ferramentas aos profesionais responsables da xestión de persoas para desenvolver as competencias emocionais e sociais en equipos de traballo.
  • Coñecer e desenvolver as competencias emocionais e sociais para poder aplicalas en distintos ámbitos: familia, aula, centro de traballo...

PROGRAMA

Máis información

Palabras clave: