Intelixencia artificial e educación. Retos e Oportunidades

2ª edición
Data: 
sábado, 22 de marzo de 2025
Lugar: 
Santiago de Compostela

A Intelixencia Artificial está a transformar a maneira de ensinar e aprender. Por iso, este evento está dedicado a explorar o impacto da IA no ámbito educativo converténdose nunha oportunidade única para:

- Analizar os retos, oportunidades e implicacións da IA na aula.

- Reflexionar sobre os desafíos éticos, o impacto dos nesgos na educación e a necesidade de utilizar a IA de forma responsable e segura.

- Coñecer experiencias innovadoras de integración da IA na educación.

O congreso, dirixido a profesorado de todas as etapas educativas, celebrarase o sábado 22 de marzo de 2025 no pazo de Congresos de Santiago de Compostela.

Inscricións ata o 7 de marzo a través de fprofe (código de actividade G2414001).