FP Innova

7ª edición
Data: 
Desde mércores, 26 de marzo de 2025 ata venres, 28 de marzo de 2025
Lugar: 
Santiago de Compostela

Do 26 ao 28 de marzo de 2025 celebrarase na Cidade da Cultura este Congreso no que os visitantes poderán coñecer de primeira man preto de 60 iniciativas de centros de toda Galicia, tanto de innovación, que abranguen as tecnoloxías máis avanzadas dos distintos sectores produtivos, como de emprendemento, postos en marcha ao abeiro do Plan Eduemprende.

Haberá unha quincena de obradoiros sobre biotecnoloxía, creación de contidos mediante intelixencia artificial, robótica, videoxogos, realidade virtual e aumentada e impresión 3D, entre outros. O obxectivo é que o alumnado poida experimentar en primeira persoa coas novas tecnoloxías e as innovacións nos distintos ámbitos da Formación Profesional e poida coñecer as posibilidades que esta lles ofrece.

En suma, este congreso ofrece un espazo expositivo no que conflúen a innovación e o emprendemento, a formación e a empresa.

Acceso gratuíto para todo o público

 

Máis información

Palabras clave: