XXVI Encontros para a Normalización Lingüística

Vivir e perdurar na nosa lingua
Data: 
martes, 15 de outubro de 2024
Lugar: 
Santiago de Compostela

O Consello da Cultura Galega convoca os Encontros para a Normalización Lingüística como un espazo de diálogo, información, reflexión e proposición. Nesta edición, que se celebrará o vindeiro 15 de outubro na súa sede, faino baixo o lema Vivir e perdurar na nosa lingua promovendo o diálogo entre diferentes axentes sociais.

O obxectivo será reflexionar sobre a importancia da lingua escollida nos actos funerarios, tanto nas cerimonias civís como nas das confesións relixiosas.

 

Máis información