Xornada sobre a atención educativa ao alumnado de altas capacidades

Data: 
Desde sábado, 27 de abril de 2024 ata domingo, 28 de abril de 2024
Lugar: 
Pontevedra

O Concello de Pontevedra e a Rede CRÍA (Crianza Respetuosa Informada e con Apego) impulsan esta xornada dirixida a educadores e formadores, impartida pola psicopedagoga Yolanda López Iglesias, docente da Universidade da Rioxa e da Universitat Carlemany de Andorra, e cunha duración de 12 horas.

Desenvolverase os días 27 e 28 de abril no Pazo da Cultura de Pontevedra. Ofértanse un máximo de 200 prazas. A asistencia é gratuíta, previa inscrición a través do correo formateaacc@gmail.com.