XIII Congreso Internacional Multidisciplinar de Investigación Educativa

CIMIE 2025
Data: 
Desde xoves, 3 de Xullo de 2025 ata venres, 4 de Xullo de 2025
Lugar: 
Donostia

Os días 3 e 4 de xullo de 2025 celebrarase en Donostia-San Sebastián o XIII Congreso Internacional Multidisciplinar de Investigación Educativa «Ciencia, diversidade e convivencia para o éxito escolar de todo o alumnado». O congreso pretende ser un punto de encontro de investigacións e prácticas educativas no ámbito da Didáctica das Ciencias Sociais.

Na área de Didáctica das Ciencias Sociais perséguese a formación dunha cidadanía democrática, reflexiva, participativa, transformadora e crítica, en consonancia cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) para a axenda 2030. Así, as temáticas que teñen cabida nesta área son moi variadas, desde a formación do profesorado, á educación patrimonial, pasando pola educación ao redor da memoria histórica, a aplicación de metodoloxías activas e os novos recursos virtuais. incluíndo o reto que supón a integración da Intelixencia Artificial para a Didáctica das Ciencias Sociais.

 

Máis información